O LOBO - Díxome esto Penelas do Couto: Para que un lobo se quede nunha
comarca que non é a do seu natío, denantes de facer cama vai falar co carballo
máis vello que haxa por alí. O lobo trata de vostede ó carballo, pero o
carballo tutea ó lobo. O lobo acaróase ó carballo, frégalle o fuciño para
espertalo, e pregúntalle, ó acaso, por xentes diversas: -¿E o xastre? ¿E pasou
un coxo? ¿Vostede mirou un de polainas? ¿Ían dúas mulleres cunha galiña? O lobo
non pode pronunciar nomes de cristiáns: Pedro, Xosé, Roque, Antón, Edelmiro...
disque Noso Señor Xesucristo andou polomundo. Cando o lobo acerta a dicir alguén
que o carballo viu pasar, o carballo asina, e entón o lobo pregúntalle se viu
pasar o lobo. Se o carballo di que si, o lobo procura cama na comarca. Xa sabe
que hai comida e escondite. O carballo nunca mente... Álvaro de Cunqueiro:
Escola de menciñeiros e Fábula de varia xente (1960)
Un rastro de palabras
-
A los poetas les pasa como a los toreros: que se retiran, pero reaparecen.
Los aficionados se alegran. Más los lectores de Moreno (Alicante, 1964),
que co...
Hace 1 semana
No hay comentarios:
Publicar un comentario